Obradoiro: Deseño vocacional na era dixital, coñece as novas profesións e crea o teu perfil de futuro

| Días 9, 14, 15, 16 e 17 de marzo. 2023
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño

Obradoiro: Deseño vocacional na era dixital, coñece as novas profesións e crea o teu perfil de futuro

Concellería de Educación e OMIX do Porriño


A OMIX e a Concellería de Educación do Concello do Porriño levarán a cabo o 9, 14, 15, 16 e 17 de marzo, o programa “Deseño vocacional na era dixital: coñece as novas profesións e crea o teu perfil de futuro” polos centros de Educación Secundaria Obrigatoria do Porriño (IES Pino Manso, IES Ribeira do Louro, CPR Santo Tomás e CPR Hermanos Quiroga).

A xente nova enfróntase á toma de decisións sobre o seu futuro con grandes lagoas de coñecemento e habilidades para o mundo actual. A dixitalización, a automatización e a intelixencia artificial son só algúns dos factores que levan anos transformando todos os sectores produtivos e cambiando os perfís profesionais que buscan as empresas.

Desafortunadamente, moitos itinerarios formativos tradicionais non garanten un emprego ao finalizar os estudos e, moitas veces, cando comezamos a traballar tampouco nos sentimos satisfeitos/as nin motivados/as.

¿Como podemos axudar ás novas xeracións a prepararse para este escenario, descubrir onde poden achegar valor, adquirir os coñecementos e habilidades relevantes para eles/elas e acadar os seus obxectivos?

Neste obradoiro teórico-práctico analizaranse as novas oportunidades que presenta a tecnoloxía; os alumnos e alumnas coñecerán novas profesións axeitadas para as súas fortalezas; descubrirán como seguir aprendendo de balde e empregarán a metodoloxía do Deseño de Vida (Life Design) desenvolvida na Design School de Stanford para deseñar o seu perfil profesional ideal.


Índice de contidos:

  • Autocoñecemento: partindo do que temos máis preto
  • Habilidades transferibles: que habilidades buscan as empresas
  • Novos perfís híbridos: combinar as túas habilidades e coñecementos faite único/a
  • O papel do deseño no noso futuro: prototipando o noso perfil ideal
  • Novas profesións relacionadas coa tecnoloxía: intelixencia artificial, automatización e robótica, drons etc.

Estes obradoiros (teórico-prácticos de 2 horas) serán impartidos para un total de 165 alumnos/as de 4º da ESO.


Concellería de Educación do Concello do Porriño OMIXCabecera-web-ecultura.png