Actualización: nova incorporación ao programa
| Días 22, 23, 24, 29 e 30 de decembro de 2025
| Días 2 e 5 de xaneiro de 2026
| De 11:00 a 12:30 h
| Zona infantil da Praza de Abastos Municipal » ver mapa
| 12 nenos ou nenas (de 5 a 12 anos) por quenda
| Require inscrición previa

O Concello do Porriño organiza un obradoiro infantil de elaboración e decoración de galletas de Nadal, unha actividade pensada para que os nenos e nenas se acheguen ás tradicións destas datas dun xeito creativo e participativo.
O obradoiro celebrarase os días 22, 23, 24, 29 e 30 de decembro de 2025 e o 2 e 5 de xaneiro de 2026, en horario de 11:00 a 12:00 horas, na zona infantil da Praza de Abastos Municipal.
A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, con 12 prazas por quenda.
As persoas interesadas en participar poden anotarse enviando un correo a cultura@oporrino.org e adxuntar o documento de inscrición.


