Obradoiro infantil de galletas

| 28, 29 e 30 de decembro. 2022
| De 11:00 a 12:30 h
Zona infantil da Praza de Abastos Municipal » ver mapa
| 12 nenos ou nenas (de 5 a 12 anos) por quenda
| Require inscrición previa

Obradoiro infantil de galletas

Que mellor maneira de gozar das festas do Nadal que poñéndose mans á masa a cociñar ricas galletas. Por iso, o Concello do Porriño organiza, dentro da programación festiva, un Obradoiro infantil de elaboración e decoración de galletas de Nadal dirixido ás nenas e nenos de 5 a 12 anos.

SuperSugar , a tenda de doces sita na primeira planta da Praza de Abastos, impartirá o curso. Desenvolverase en tres quendas, os días 28, 29 e 30 de decembro en horario 11 a 12:30 h na zona infantil da Praza de Abastos.

As persoas interesadas en participar poden anotarse enviando un correo a rexistro@oporrino.org cos datos da nena/o e o titor/a. A actividade está limitada a 12 nenas/os por quenda que se cubrirán por orde de inscrición.


Obradoiro infantil de galletas


Cabecera-web-ecultura.png