| 1º xornada: mércores 18 de setembro.2024
| 2º xornada: xoves 19 de setembro. 2024
| Ás 17:00 h
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Con inscrición previa
Con motivo das Festas do Cristo do Porriño, o músico Pancho Álvarez impartirá un obradoiro instrumental dirixido a nenos e nenas de entre 9 e 12 anos de idade, que terá lugar os días 18 e 19 de setembro ás 17:00 h no Centro Cultural Municipal.
Trátase dunha experiencia inmesirva onde os/as asistentes poderán coñecer diferentes instrumentos de corda, por orde cronolóxica, desde a lira da idade de bronce ata a guitarra eléctrica, pasando polos instrumentos do Pórtico da Gloria de Santiago ou do Pórtico de Paraíso de Ourense. Álvarez interpretará cantigas medievais, muiñeiras, xotas, alboradas e outras composicións de corte tradicional con instrumentos como a zanfona, a vihuela renacentista, a guitarra barroca, ou a viola de gamba, entre outros, e acompañarase de proxeccións e explicacións.
O obradoiro dividirase en sendos grupos dun máximo de 30 rapaces/as e unha duración aproximada dunha hora. Os asistentes poderán acompañar nas diferentes pezas con percusións e palmas. É imprescindible inscribirse previamente neste obradoiro para poder participar. Os interesados poderán facelo a través do Rexistro Xeral do Concello, ben presencialmente ou a través da sede electrónica.