Obradoiro sobre ciberseguridade “Cidadanía dixital. Seguros na rede”

| Do 18 ao 27 de outubro. 2021
| Horario lectivo
| Actividade concertada

Obradoiro sobre ciberseguridade “Cidadanía dixital. Seguros na rede”

Organiza: OMIX do Porriño e Concellería de Educación


A OMIX xunto coa Concellería de Educación do Concello do Porriño, levarán a cabo   do 18  ó 27 de OUTUBRO,  o obradoiro sobre ciberseguridade “cidadanía dixital. Seguros na rede”, polos centros de educación secundaria do Porriño.

Hoxe en día úsanse moitísimos dispositivos conectados a Internet que son vulnerables a un ataque e poden supoñer un risco para o propio benestar. Ademáis, os mozos e as mozas teñen acceso cada vez máis novos e non son conscientes das consecuencias que o seu comportamento na rede pode traer no presente e no futuro.

Este obradoiro teórico-práctico ten coma obxectivo reflexionar sobre o uso da Internet, aprender a tomar as debidas precaucións e protexerse de ameazas externas así coma recoñecer comportamentos que poden ser perigosos ou perxudicar a terceiras persoas.

Trataránse tamén temáticas  relacionados cas adiccions ao xogo e casas de apostas.

Estes obradoiros (teórico-práctico de 2 horas) serán impartidos para un total de 214 alumnos de 3º da ESO.


Programa temático

  • Que é o ciberespazo e a ciberseguridade?.
  • Que dispositivos utilizo que estean conectados a Internet?.
  • Identidade dixital e privacidade.
  • Quen pode querer os meus datos?.
  • Os riscos en internet: suplantación, ciberacoso, comunidades tóxicas…
  • Uso e abuso das redes sociais.
  • Contrasinais seguras e encriptación.
  • Hackers bos vs. hackers malos.
  • Contidos falsos na rede.
  • Adiccións dixitais e videoxogos: como afectan á nosa vida.

Obradoiro sobre ciberseguridade “Cidadanía dixital. Seguros na rede”


Cabecera-web-ecultura.png