Obradoiro sobre educación afectivo-sexual para adolescentes “Deseñando unha educación sexual para adolescentes”

| Días 14, 15, 16, 19, 20, 21, 22 e 23 de abril. 2021
| Horario lectivo
| Centros de educación secundaria do Concello do Porriño
| Actividade concertada
| Concellería de Igualdade

Deseñando unha educación sexual para adolescentes

Desde a Concellería de Igualdade, levarase aos centros educativos a iniciativa dun obradoiro sobre educación afectivo-sexual para adolescentes:
Deseñando unha educación sexual para adolescentes


Na adolescencia as decisións asociadas ao desenvolvemento sexual adoitan ter importantes implicacións para a saúde e a educación, así como para as relacións actuais e futuras.

Amais están os riscos que pode ocasionar a falta de formación emocional e sexual que co acceso a internet, as novas tecnoloxías, aos novos espazos de socialización para a mocidade poden derivar en conductas de ciberviolencia nas parellas adolescentes.

A metodoloxía anovadora deste obradoiro, crea un entorno de interese e colaboración por parte da mocidade, imprescindibles porque parte da premisa de ter en conta o seu punto de vista, as súas opinións, a rapazada é a protagonista.


O programa está artellado en 3 bloques:
  1. A construción da Identidade Sexual e de Xénero
  2. Afectividade e Pracer
  3. Saúde Sexual
E onde se dará prioridade a:
  • Identidade sexo/xénero e diversidade sexual
  • Como relacionarnos de forma saudable cos nosos semellantes (relacións socio-afectivas: amizade, compañeirismo, namoramento, mitos do amor romántico; habilidades sociais, intelixencia emocional, resolución de conflitos, entre outras).
  • Detectar e previr, nas relacións afectivo-sexuais, a ciberviolencia (cyberstalking, sexting, sextorsión, grooming, porno vinganza, pornografía,…).

A equipa profesional para esta iniciativa, está composta por:

  • Leticia Costas: formadora e consultora de Innovación e Metodoloxías de Deseño Centrado no Usuario (HCD). Máster en Comunicación Científica, Médica e Medioambiental pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. Fundadora de Kidcode.es, empresa dedicada á formación en tecnoloxía e innovación , especializada en mentoring de adolescentes e novas profesións.
  • Rosana Martinez: Docente-Investigadora Pre-doctoral na Universidade de Vigo. Educadora social. Máster en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos. Especializada en Violencias sexuais, ciberviolencias no colectivo adolescente e Educación afectivo-sexual.

Centros participantes:

CPR Hnos. Quiroga, CPR Sto. Tomás, IES Ribeira do Louro e IES Pino Manso.

Actividade concertada cos centros educativos. Participarán un total de 159 alumnos/as.


Cabecera-web-ecultura.png