Obradoiros “4 patas de apoio”

| Todos os martes, do 18 de abril ao 20 de xuño. 2023
| Actividade concertada co centro educativo ACEESCA

Obradoiros "4 patas de apoio"

Obradoiros de educación asistida con cans de terapia
Organizan: Concellería de Educación e OMIX do Porriño


A Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño levarán a cabo todos os martes desde o 18 de abril ata o 20 de xuño de 2023, un programa de intervencions asistidas con cans, “4 patas de Apoio” para o alumnado con NEAE, do Centro Educativo ACEESCA. Dito programa consta de 12 sesións en total.

Dito programa será impartido por profesionais dedicados ás intervencións asistidas con animais, que trasladan os beneficios que achegan os cans aos seres humanos menos favorecidos, mediante a súa incorporación en contextos terapéuticos, co obxectivo de proporcionar motivación e estímulo suficiente como para que as persoas evolucionen de forma favorable e por vontade propia.


Obxectivos do obradoiro

  • Incorporación dun animal, co fin de proporcionar estímulo e motivación suficientes para que o alumnado evolucione favorablemente e por vontade propia.
  • A través da alianza co can, o alumnado traballa as áreas que axudan ao seu desenvolvemento, promovendo a comunicación, o respecto, a autoestima e a valía persoal.
  • Combinaranse actividades axustadas ás necesidades do alumnado para potenciar os ámbitos emocional, afectivo, social, comunicativo, cognitivo, físico e psicomotor. A figura do can será o catalizador emocional implicado en todos os ámbitos que se traballarán.

Debido a todos estes factores, a persoa fará calquera cousa por e para o can en alianza co seu amigo de 4 patas.


Obradoiros "4 patas de apoio"


Cabecera-web-ecultura.png