| Días 5, 10, 11, 12, 18, 19 e 26 de novembro. 2021
| Horario lectivo
| Actividade concertada
Organiza: OMIX do Porriño e Concellería de Educación
A OMIX xunto coa Concellería de Educación do Concello do Porriño, levarán a cabo o longo do mes de novembro, a actividade Obradoiros Introdución ao Deseño 3D , polos centros de educación primaria do Porriño.
Obxectivos
O deseño e modelado 3D son técnicas que se empregan nunha grande cantidade de sectores e profesións: dende arquitectos ata enxeñeiros de produto, deseñadores, animadores, makers, etc. É a base tamén da fabricación aditiva, unha técnica cada vez máis estendida na industria debido ao aforro de custes e a personalización que permite.
Co software libre de Tinkercad os alumnos poden aprender as bases do deseño, traballar a visión espacial, a xeometría e coñecer as aplicacións da impresión 3D na actualidade. E o mellor e que poden continuar aprendendo na casa e poderán modelar o que imaxinen.
Índice de contidos
- Deseño 3d fronte ao Deseño 2D
- En que industrias se emprega o deseño 3D?
- O sistema de coordenadas cartesianas
- Poliedros regulares e irregulares
- Obxectos sólidos e obxectos e ocos
- Movemento, rotación e escalado de obxectos
- Fabricación aditiva e Impresión 3D: para que serve unha impresora 3D
