| Días 4, 6 e 7 de abril. 2022
| Horario lectivo
| Actividade concertada cos centros educativos do Porriño
Organiza: OMIX do Porriño e Concellería de Educación
Desde a OMIX e a Concellería de Educación do Concello do Porriño, levaranse a cabo, os días 4, 6 e 7 de abril, unha serie de obradoiros de “Novas tecnoloxías na música”. Cultura urbana para achegar o alumnado de secundaria dos centros de ensino do Porriño ás posibilidades que dan as novas tecnoloxías na creación e desfrute da música electrónica, urbana…, a través dalgunha aplicación que calquera pode descargar nun dispositivo móbil ou ordenador.
O alumnado que participa nestes obradoiros fai un total de 142 alumnos/as de educación secundaria, que pertence aos centros IES Pino Manso, IES Ribeira do Louro, CPR Santo Tomás e CPR Hermanos Quiroga.
A metodoloxía empregada e o sistema de aprendizaxe baséanse no descubrimento de ferramentas dixitais, que utilizarán tanto en subgrupos como individualmente. Antes de que cada alumno/a faga a súa propia exposición, daráselle unhas pautas básicas e, a partir de aí, investigarán baixo a supervisión da persoa especialista, como compoñer unha mestura de música electrónica utilizando programas profesionais.