Obradoiros e exhibición “Ecopercussión”

| Días 6, 7, 8, 13, 14, 15, 20 e 21 de abril. 2021
| Horario lectivo
| Centros de educación primaria do Concello do Porriño
| Actividade concertada
| Concellería de Educación | OMIX do Porriño

Exhibición: “Ecopercussión”

A Concellería de Educación e a OMIX do concello, levarán a cabo durante o mes de abril a actividade “ECOPERCUSSIÓN” polos centros de educación primaria de O Porriño. Dita actividade consta de dúas partes:


Obradoiros

Por parte dos centros de ensino participantes e dirixida para os alumnos de 5º e 6º de primaria os días 6, 7, 8, 13, 14, 15, 20 e 21 de abril, realizaranse unha serie de talleres enfocados á formación e execución de grupos de percusión onde só interveñan instrumentos procedentes de materiais reciclados. Estes materiais, chamados tamén cotidiáfonos, poden ser, botes de pintura, bidóns , latas, tuberías etc.

A metodoloxía empregada é propia e xenuina do Proxecto Ecopercussion, mesturando elementos de percusión vocal con exercicios de coordinación e patróns polirítmicos Afrolatinos. Eco-Batucada.

Obradoiros e exhibición "Ecopercussión"


Exhibición

Por parte do alumnado que participa nos obradoiros dando a coñecer o aprendido nos mesmos a todo o resto do alumnado dos centros participantes

O obxectivo final, é a montaxe e execución dunha banda de percusión con material reciclado, amosando as técnicas de agarre, golpeo, lateralidade, coordinación, uso da percusión vocal e corporal

Tamén darán a coñecer os patróns rítmicos aprendidos , que fragmentándose e superpoñéndose, logran crear poliritmias e contrapuntos ao xeito dos ritmos Afrolatinos.


Centros participantes:

CEIP (Antonio Palacios, Ribeira, Xosé Fernández López, Atios e Cruz budiño), CPR (Irmáns Quiroga e Santo Tomás) e ACEESCA.

Actividade concertada cos centros educativos. Participarán un total de 267 alumnos/as.


Cabecera-web-ecultura.png