Obradoiros infantís de Nadal 2021

| Mércores 29 e xoves 30 de decembro. 2021
| De 17:00 a 20:00 h
Auditorio do Centro Cultural Municipal » ver mapa

Obradoiros infantís de Nadal 2021

Nestes obradoiros utilizaranse materiais que nos dea a natureza e de refugallo. Daráselles a posibilidade, ás nenas e nenos, de que deixen voar a súa imaxinación, sempre guiados polas monitoras. Unha das finalidades destes obradoiros é que as nenas e nenos tomen conciencia de que se poden facer cousas bonitas con materiais non comprados.


Pintado de troncos
Obradoiro do mércores 29 de decembro

Debuxos en troncos de madeira, elaboración de figuras…


Os agasallos do Apalpador
Obradoiro do xoves 30 de decembro

Con materiais da natureza e de refugallo farán obxectos que poderán dar a quen queiran.

Cabecera-web-ecultura.png