Obradoiros infantís. Nadal 2022

ACTUALIZACIÓN: novo horario

| Do 26 ao 29 de decembro. 2022
| De 17:00 a 19:00 h De 16:00 a 20:00 h
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Obradoiros infantís

Secretaría Xeral da Igualdade. Plan Corresponsables


Os pequenos e pequenas da casa son os verdadeiros protagonistas do Nadal no Porriño e por iso a programación proposta polo Concello para estas datas inclúe múltiples actividades para eles/as.

Entre elas os “Obradoiros Infantís de Nadal”, momentos de lecer compartidos nos que poderán amosar as súas habilidades nos diferentes talleres de manualidades e xogos de Nadal.

Desenvolverase os días 26, 27, 28 e 29 de decembro en horario de tarde, dende as 16 ás 20 h, no Centro Cultural Municipal. A actividade está dirixida a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os doce anos e forma parte do programa cofinanciado pola Secretaría Xeral da Xunta de Galicia do Plan Corresponsables.

As prazas son limitadas a 30 participantes e non se require inscrición previa.


Obradoiros infantís


Cabecera-web-ecultura.png