Obradoiros “Ladrando ladrando a clase pasa voando”

| Días 12, 13, 17 e 18 de abril. 2023
| Horario escolar

| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño

Obradoiros “Ladrando ladrando a clase pasa voando”

Obradoiros sobre educación en valores asistidos por cans de terapia en contornas educativas
Organizan: Concellería de Educación e OMIX do Porriño


A Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño, seguindo co propósito do traballo en equipo e promovendo os intereses e necesidades do alumnado dos nosos centros educativos, levaremos a cabo a actividade “Ladrando ladrando a clase pasa voando”, que se desenvolverá os días 12, 13, 17 e 18 de abril.

Esta actividade está dirixida ao alumnado de 2º educación primaria e ao alumnado do CEIP de Mosende. Contaremos coa participación de 206 nenos e nenas dos seguintes centros escolares do noso municipio: CEIP Antonio Palacios, CEIP Atios, CEIP Cruz Budiño, CEIP Mosende, CEIP Ribeira, CEIP Xosé Fernández López, CPR Hermanos Quiroga e CPR Santo Tomás.

O obxectivo xeral desta actividade é trasladar os beneficios que achegan os animais nas contornas escolares, coa finalidade de traballar de forma transversal a educación en valores e a posesión responsable de mascotas, con obradoiros específicos orientados a este fin.

Os obradoiros elaboráronse para traballar a solidariedade, o compañeirismo, o respecto, a aceptación das diferenzas, a integración, a autoestima e a violencia de xénero, así coma os hábitos de hixiene e alimentación saudable.

Nestes obradoiros abórdanse, entre outros temas, a educación en positivo, o acoso escolar e os contratempos derivados de problemas de conduta, e empréganse os cans como modelo.

A metodoloxía en todos eles é sempre activa, participativa, lúdica e integradora.


Obradoiros “Ladrando ladrando a clase pasa voando”


Cabecera-web-ecultura.png