Obradoiros sobre educación en valores asistidos por cans de terapia en contornos educativos

| Días 3, 4, 5, 6 , 10 e 12 de novembro . 2020
| En horario escolar
| Centros educativos da vila

Valores que deixan pegada

A Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño, seguindo co propósito do traballo en equipo e promovendo os intereses e necesidades do alumnado dos nosos centros educativos, levará a cabo a actividade “Valores que deixan pegada”, que se desenvolverá os días 3, 4, 5, 6 , 10 e 12 de novembro en horario escolar.

Esta actividade dirixise ao alumnado de educación infantil e primaria, cunha previsión de 400 nenos e nenas participantes entre os seguintes centros escolares: CEIP Antonio Palacios, CEIP Atios, CEIP Cruz Budiño, CEIP Mosende, CEIP Ribeira, CEIP Xosé Fernández López, CPR Hermanos Quiroga e CPR Santo Tomás.

O obxectivo xeral desta actividade é trasladar os beneficios que achegan os animais a contornos escolares, coa finalidade de traballar de forma transversal a educación en valores e a posesión responsable de mascotas, con obradoiros específicos orientados a este fin.

Os obradoiros elaboráronse para traballar a solidariedade, o compañeirismo, o respecto, a aceptación das diferenzas, a integración, autoestima e a violencia de xénero, así como os hábitos de hixiene e alimentación saudable.

Nestes obradoiros abórdanse entre outros temas, a educación en positivo, o acoso escolar e os contratempos derivados de problemas de conduta, e empréganse os cans como modelo. A metodoloxía en todos eles é sempre activa, participativa, lúdica e integradora.


Patrocinio OMIXCabecera-web-ecultura.png