Operación Ola

| Primeira quincena de xuño. 2026
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño

Operación Ola

Organizan: Concellería de Educación e OMIX do Porriño


O Concello do Porriño, a través da Concellería de Educación e a OMIX, levará a cabo a actividade Operación Ola, que consta de actividades para promocionar o deporte e a ocupación do tempo libre dos nosos nenos/as e que terá lugar na primeira quincena do mes de xuño de 2026.

Esta actividade vai destinada ao alumando de 5º e 6º de EP dos centros educativos do noso municipio, Ceipp Antonio Palacios, Ceipp da Ribeira, Ceipp Xosé Fernández López, Ceipp Atios, Ceip da Cruz Budiño, CPR Santo Tomás e CPR Hnos. Quiroga e levarase a cabo na praia de Patos, no concello de Nigrán.

Os/as participantes suman un total de 185 alumnos/as, que serán repartidos/as en distintos grupos na primeira quincena do mes de xuño.


Obxectivos

  • Fomentar o contacto dos rapaces e rapazas co medio natural, especialmente co mar, a través dun deporte divertido e seguro.
  • Potenciar a actividade física e o traballo en equipo, creando un ambiente de compañeirismo e colaboración.
  • Sensibilizar a mocidade sobre a importancia do coidado do medio ambiente mariño e as prácticas responsables cando se realizan deportes acuáticos.
  • Ofrecer unha experiencia nova e emocionante que favoreza o desenvolvemento físico e persoal dos rapaces.

A actividade será impartida por monitores cualificados de Galicia Trips&Experiences S.L., que garantirán en todo momento a seguridade dos/as participantes e estará adaptada ás idades e habilidades destes/as.