| Domingo 15 de setembro. 2024
| Ás 18:00 h
| Rúas da vila
Xunta de Galicia, Programa de Dinamización Lingüística Fala Redes, Rede de Dinamización Lingüística
O programa de dinamización lingüística no tempo do lecer FalaRedes trae os deportes á rúa no verán, cun espectáculo de monicreques dos máis queridos personaxes do público infantil e familiar, Os Bolechas.
Os Bolechas deportistas e a súa Radiolímpica é un espectáculo ao aire libre que combina o teatro de monicreques con explicacións, preguntas e probas pensadas para que participen nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias.
Nesta nova proposta combínanse, da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro, a lingua galega e o deporte, o xogo coa aprendizaxe. Con esta actividade, Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa dan a coñecer diferentes disciplinas deportivas, co gallo da celebración das Olimpíadas en París. Os Bolechas deportistas anímanos a usar o galego tamén cando practicamos deporte.