Os Maios 2023

| Sábado 6 de maio. 2023
| Ás 12:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Os Maios 2023

Amenizan: Cantareiras Fonteliño


Os maios é o nome dunha festa popular galega que forma parte do chamado ciclo de maio, época de exaltación da natureza ao comezo da primavera, cuxos orixes se remontan ás civilizacións prerromanas.

Adóitase celebrar a principios de maio. Durante as festividades realízanse representacións, bailes e cantos ao redor dos maios, unhas estruturas tradicionalmente inspiradas en figuras de árbores pero que adoptan na actualidade formas máis variadas, con adornos de flores, follas e froitos.


Cantareiras Fonteliño

Cantareiras Fonteliño naceu a final do ano 2002, logo dun curso de pandeiretas celebrado no Círculo Recreativo Cultural do Porriño e impartido por Ana Senlle. Inicialmente o grupo formouse con dez compoñentes que en pouco tempo chegaron a trece.

No ano 2006 fundaron a Asociación Grupo Fonteliño, coa idea de promover a música tradicional galega a través das voces e de todo tipo de percusións. Comezaron tamén a participar en seráns e en festas populares da contorna.

As primeiras actuacións foron no Círculo Recreativo Cultural e en varios centros culturais parroquiais do Porriño, no Centro Cultural de Cedeira, en Redondela, e no Asilo de Tui.

No mes de xullo de 2010 gravaron o seu primeiro CD, no salón do Café Liceum, que se presentou no Nadal dese mesmo ano. Tamén nese mes foron presentalo á Radio Galega e ao programa “A Solaina”, da TVG.

En xaneiro de 2011 actuaron no programa Luar da TVG, e en outubro dese ano gravaron o programa ALALÁ polo paseo do río Louro no Porriño, e na Casa Lago de Pereiras, Mos.

Ademais actuaron tamén no Gran Hotel Mondariz, na sala Liberty de Ponteareas, e en varios centros culturais e asociacións de concellos do Baixo Miño e o Val Miñor.

Na actualidade está integrado por oito compoñentes (Paz, Mari Carmen, Mª Luisa, Eva, Paca, Chola, Lores e Adela), dirixidas por Ana Senlle, e coa colaboración especial do acordeonista Fernando Pernas.



Os Maios 2023


Cabecera-web-ecultura.png