Participa coa túa postal no Nadal de conto do Porriño

| Entrega: do 13 ao 21 de decembro. 2021
| Exposición: do 22 de decembro ao 7 de xaneiro
Centro Cultural Municipal » ver mapa

Participa coa túa postal no Nadal de conto do Porriño

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Porriño


Concurso de postais de Nadal promovido polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Porriño.


Descrición

  • As persoas participantes crearán unha postal de Nadal, tendo como fondo a temática dun dos distintos escenarios que decorarán o Concello do Porriño: Alicia no país das marabillas, Aladino e a lámpada marabillosa, As aventuras de Pinocho, Vinte mil leguas de viaxe submarina e O Mago Merlín.
  • A partir dunha fotografía feita nun destes escenarios, as persoas participantes decorarán a súa postal, de maneira que poderán editala con ferramentas informáticas e despois imprimila, ou imprimila e facer un debuxo acorde coa temática empregando ceras, acuarelas, colaxe, carbón… ou calquera outra técnica creativa.
  • A postal deberá incluír unha mensaxe para felicitar as festas do Nadal en lingua galega.
  • O tamaño máximo da postal será o A5 (tamaño cuartilla ou medio folio), en formato papel, cartón, cartolina ou papel fotográfico (para os traballos editados completamente de maneira dixital).
  • Na parte posterior da postal figurará o nome da/do participante e a súa idade.

Persoas participantes

  • Poderán participar nenas e nenos ata os 14 anos.
  • Cada participante só poderá presentar unha postal.
  • As obras serán, necesariamente, orixinais e inéditas.
  • O Concello do Porriño reserva o dereito a non publicar aquelas postais que considere que atentan contra a legalidade ou a dignidade das persoas e/ou institucións ou que teñan unha calidade de imaxe fotográfica insuficiente.

Entrega de postais

  • As postais entregaranse dende o día 13 ao 21 de decembro de 2021.
  • Depositaranse, dentro dun sobre pechado, na caixa de devolución de libros da Biblioteca Municipal do Porriño; situada no frontal exterior da biblioteca.
  • Todas as postais serán expostas ao público no vestíbulo do Centro Cultural Municipal durante as festas de Nadal. O Concello do Porriño non se fai cargo de posibles subtraccións.

Agasallos

Todas as persoas que participen recibirán un agasallo que poderán recoller no Centro Cultural Municipal do Porriño do día 10 ao 14 de xaneiro de 2022.


Cesión de propiedade e dereitos

  • A participación neste concurso supón a conformidade coas presentes bases e autorización da nai, do pai ou da persoa titora da/o menor de idade, ao Concello do Porriño, na difusión e uso das postais e imaxes achegadas, a través das redes sociais, páxina web e demais medios de difusión.
  • Os datos obtidos a través da participación serán tratados de conformidade coas bases do concurso e non se cederán a terceiras persoas.

Cabecera-web-ecultura.png