Pasarrúas do grupo folk Carapaus

| Sábado 12 de febreiro. 2022
| Ás 12:30 h
| Rúas da vila

Pasarrúas: Carapaus

Carapaus amosa a música tradicional galega ao tempo que aporta composicións propias de trazo tradicional ao acervo cultural galego.

Carapaus é un grupo de música tradicional formado en Santiago de Compostela no verán do 2010. Intégrano cinco compoñentes: Emilio Lois, gaiteiro da Baña e mestre en numerosas asociacións de música e cultura tradicionais, como OCT Ultreia; Oli Xiráldez (frautas), artesán e músico de longa traxectoria, membro de Chouteira e colaborador de proxectos como Malvela; Gustavo Couto (voz e tamboril), mestre de baile tradicional e coautor do libro Bailabén; Sabela Galbán (voz e acordeón), estudante de frauta traveseira no Conservatorio de Música Superior da Coruña; e Adrián Lareo (bombo e voz), gaiteiro e estudante de Construción artesanal de Gaita na EMAO de Vigo.

Baixo a proclama “Somos ghaiteiros, somos revolusionarios”, Carapaus teima en amosar a música tradicional galega, así como aportar composicións de fondo trazo tradicional ao acervo cultural galego.


Máis información sobre Carapaus, no seu perfil de Facebook » ligazón externa



Concerto folk: Carapaus


Cabecera-web-ecultura.png