Pasarrúas e concerto do Grupo de Gaitas e Percusión Os Penediños de Atios. Festas de San Benito 2018

| Xoves 12 de xullo. 2018
| Ás 20:00 h.
Prazuela de San Sebastián » ver mapa

Os Penediños de Atios

Dentro da programación das Festas de San Benito 2018.

A Asociación Cultural “Os Penediños” fundouse en 1983 na parroquia porriñesa de Atios. Inicialmente como grupo de gaitas e baile, ampliou posteriormente a súa actividade a distintas manifestacións culturais e musicais.

O grupo tradicional chegou a contar, nos seus mellores momentos, con oito gaiteiros, catro tamborileiros e un bombeiro, na parte musical; e oito parellas de adultos, oito do grupo de medianos e dez de pequenos no grupo de baile tradicional.

Con este grupo tivo actuacións en Madrid, con motivo da festa Estremeña, dous anos consecutivos; en Asturias, na celebración do Día de Galicia en Zaragoza, por toda Galicia e no noso país veciño, onde participou en varios festivais folclóricos e acompañou diversas celebracións en Barcelinhos ou Viana do Castelo.

Despois duns anos de pouca actividade nos que o grupo foi esmorecendo, agora mesmo está en pleno rexurdir e conta cun grupo de gaiteiros e percusión e dous grupos de baile, un de pequenos e pequenas de 5 a 12 anos, e outro de maiores dos 13 anos en diante. Na actualidade é a única agrupación do Porriño que conta con grupo de baile tradicional, e nos últimos anos ten celebrado festivais de folclore aos que convidou diferentes grupos da comarca e do veciño Portugal.

Actualmente a dirección musical está a cargo de Óscar Álvarez Veiga no grupo de gaitas e Alejandro Gómez no grupo de cantareiras; os grupos de baile están dirixido por Javier Alonso “Chisco.


Cartel Festas de San Benito 2018. Concello do Porriño


Cabecera-web-ecultura.png