Pasarrúas de rondallas de O Porriño e Mos. Nadal 2021

ACTUALIZACIÓN

| Domingo 2 de xaneiro. 2022
| Ás 18:00 17:00 h
| Rúas da vila e Pavillón Municipal dos Deportes

Pasarrúas de rondallas de O Porriño e Mos. Nadal 2021

Rondalla Santa Eulalia de Atios, Rondalla de Pontellas, Rondalla Santa Eulalia de Mos, Rondalla da Asociación Cultural de Herville, Rondalla Santiaguiño de Guizán e Rondalla do Centro Cultural de Torroso


Porriño e Mos celebrarán conxuntamente o desfile das rondallas de ambos concellos, un único desfile que partirá de ambos concellos e se cruzará en dous puntos.

A celebración do evento ao aire libre realizarase cumprindo estrictamente cos protocolos anti-Covid esixidos pola autoridade sanitaria e coa vixilancia das policías locais dos dous concellos.


Ás 17:00 h > Mos – O Porriño / O Porriño – Mos: R. Costilleta, As Angustias, Avd. de Galicia, rúa Domingo Bueno e rúa Antonio Palacios

Pasarrúas de rondallas de O Porriño e Mos. Nadal 2021


ASOCIACIÓN CULTURAL MUSICAL RONDALLA DE PONTELLAS

ASOCIACIÓN CULTURAL MUSICAL RONDALLA DE PONTELLAS

Presidente: Marcos Rodríguez Novás
Director: Serafín Rodríguez Rodríguez
Capitán: Urbano González Lorenzo
Director de abandeirados: Cristian González Estévez
Compoñentes da rondalla: 70

A Rondalla de Pontellas volveu iniciar a súa andaina no ano 2003, pois os seus impulsores comezaron coa ilusión de recuperar a rondalla que existira de sempre na parroquia de Pontellas. Dende ese ano, foise consolidando pouco a pouco e merecendo o seu recoñecemento, con un palmarés de premios importante; grazas ao esforzo e traballo de todas e todos os seus integrantes, meramente afeccionados á música, que poñen todo seu empeño en simplemente levar un pouco de ledicia ao público xeral.

Comezaron sendo un grupo pequeno e convertéronse nunha agrupación considerable, crecendo en número de integrantes, homes, mulleres, cativos e cativas desde os 5 anos e sen límite de idade para as persoas adultas.

Na agrupación, os seus compoñentes tocan instrumentos de percusión como as pandeiretas, as castañolas, os cristos ou as charrascas, acompañados por un grupo de instrumentistas de metais e gaitas, e un grupo de abandeiradas e abandeirados.

O seu repertorio componse dunha variedade de estilos musicais, intentando sempre manter a tradición musical da rondalla e tamén mesturando pezas de música actual adaptadas, como por exemplo: adaptacións de música pop, rock, heavy (como Nino Bravo, Michael Jackson ou Bon Jovi).

Convertéronse, deste modo, na rondalla pioneira neste tipo de adaptacións musicais, facendo que se achegue a ela o público máis novo, que é o futuro para manter viva esta tradición rondalleira. Co fin de darlle maior difusión á rondalla, editaron un disco no ano 2017, baixo o nome de “15 Notas”.

Co seu bo facer nesta andaina, teñen a satisfacción de cumprir o obxectivo que perseguían: tentar que sempre estea viva a Rondalla de Pontellas.


RONDALLA DA ASOCIACIÓN RECREATIVA SANTA EULALIA DE ATIOS

RONDALLA DA ASOCIACIÓN RECREATIVA SANTA EULALIA DE ATIOS

Presidente: Damián Domínguez Mouriño
Director: Alexandre Fernández Castro
Capitán: José Manuel Domínguez Pérez
Capitá de abandeirados: Andrea Fernández Ramilo
Compoñentes da rondalla: 106

Na actualidade, sen ningún tipo de dúbida, na parroquia de Atios do concello do Porriño hai moita afección polas rondallas. Proba disto son as orixes ás que se remonta a Rondalla de Atios, alá polo ano 1925. Incluso, nos anos 50 chegou a haber dúas rondallas, denominadas Atios de arriba e Atios de abaixo.

Ao longo de todos estes anos, a Rondalla pasou por diversas etapas, algunhas delas nas que incluso houbo anos de silencio sen ningún tipo de actividade. Pero a grande afección que existe entre a veciñanza desta parroquia por ela fixo posible a súa continuación ata a actualidade.

Dentro do seu repertorio tivo, e ten, música moi variada: dende pezas de música tradicional ata outras máis modernas de grupos de moda, achegando, así, variedade de gustos para todos os públicos.

Está constituída por abandeiradas/os, pandeireteiras/os, charrasqueiras/os, castañolas, cristos e unha variedade de músicos (trompetas, trombóns, saxos, gaitas, percusión…).


Cabecera-web-ecultura.png