ACTUALIZACIÓN: nova localización
| Do 7 de decembro ao 8 de xaneiro. 2024-2025
| Horario xeral: de 11:00 a 21:00 horas, de luns a domingo
| Horarios especiciais os días 7, 24, 25 e 31 de decembro, e o 1 e 5 de xaneiro
| Ao carón das pistas de pádel municipais (na contorna do Pavillón Municipal dos Deportes) » ver mapa
O Porriño prepárase para vivir unhas festas de Nadal inesquecibles cunha nova atracción estrela: unha pista de patinaxe sobre xeo ecolóxico, pensada especialmente para que os máis pequenos e as súas familias gocen da maxia do Nadal no centro da vila.
Cunhas dimensións de 160 metros cadrados (16 metros de longo por 10 de ancho) e capacidade para 40 persoas simultaneamente, a pista instalarase no aparcamento público da rúa Antonio Palacios ao carón das pistas de pádel municipais (na contorna do Pavillón Municipal dos Deportes)
. Para garantir a diversión calquera día, estará cuberta por unha carpa, permitindo o seu uso mesmo en días de choiva. E o mellor de todo: o acceso será completamente gratuíto.
Está previsto que a pista de patinaxe abra as súas portas do 7 de decembro ata o 8 de xaneiro, converténdose nun lugar imprescindible para gozar destas datas. O horario xeral será de 11:00 a 21:00 horas, de luns a domingo, aínda que en días sinalados como o 7, 24, 25 e 31 de decembro, e o 1 e 5 de xaneiro, estableceranse horarios especiais que se comunicarán proximamente.
A instalación conta con tecnoloxía de xeo ecolóxico, unha solución respectuosa co medio ambiente que permite gozar desta actividade tradicional do Nadal de maneira sustentable.