O Ministerio de Igualdade ven de impulsar un Plan de Continxencia Contra a Violencia de Machista debido á crise do COVID-19 e o confinamento domiciliario da sociedade española.
Neste plan garántese o normal funcionamento:
- De todos os servizos de asistencia integral ás vítimas de violencia contra as mulleres.
- Dos operadores dos servizos esenciais dos dispositivos de información 24h
- Da resposta de urxencia e acollida ás vítimas en situación de risco.
- incluídas as mulleres que precisan abandonar o domicilio para garantir a súa protección.
- Dos centros de urxencia, acollida, pisos tutelados, e aloxamentos seguros para vítimas de explotación sexual e trata.
- A asistencia psicolóxica, xurídica e social ás vítimas de xeito non presencial (telefónica ou por outras canles).
As mulleres en situación de illamento domiciliario, poden ver dificultado ou imposibilitado o acceso aos medios habituais de comunicación e denuncia de situacións de violencia de xénero:
- Polo que articulan as medidas necesarias para garantir o adecuado funcionamento dos servizos destinados á protección das vítimas de violencia de xénero,
- E a adaptación das modalidades de prestación dos servizos ás circunstancias excepcionais actuais.
Medidas tomadas
- Activase un novo recurso de urxencia para as mulleres en situación de violencia de xénero mediante unha mensaxe de alerta por mensaxería instantánea con xeolocalización que recibirán as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
- Estará dispoñible nos próximos días un Chat-sistema de mensaxería instantánea de contención e asistencia psicolóxica en situación de permanencia en domicilios que xestionará a Administración Central.
Recursos asistenciais
- Centro de información á muller (CIM): 986 337 429
- Policía Local: 620 40 40 40 –986 335 000
- Garda Civil: 986 331 331
- Urxencias Sanitarias: 061
- Asistencia á Cidadanía: 112
- Centro de Saúde: 986 337 320
- Xulgado 1ª Instancia Nº3: 886 218 06