Planetario 3D – Cinema 360º

| Do 9 ao 20 de novembro . 2020
| En horario escolar
| Centros educativos da vila

Planetario 3D - Cinema 360º

A Concellería de Educación e a OMIX do Porriño, levarán a cabo co motivo do día Mundial da Ciencia, do 9 ó 20 de novembro do 2020 polos centros educativos da nosa localidade en modo presencial e en liña, con horarios de mañá e tarde a actividade Planetario 3D – Cinema 360º, actividade proposta polo Consello de Participación de Infancia e Adolescencia do Concello do Porriño e aprobada polo Concello.

Planetario 3D vai dirixido aos ciclos de educación infantil e primaria, mentres que o Cinema 360º diríxese ao alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos de FP.


Centros participantes

CEIP Antonio Palacios, CEIP da Ribeira, CEIP Xosé Férnandez López, CEIP da Cruz Budiño, CPR Santo Tomás, CPR Hnos. Quiroga, Aceesca, IES Ribeira do Louro e IES Pino Manso. Participaran ó redor de 1300 alumnos.


Planetario 3D

No Planetario 3D verase e explicarannos o ceo e proxectaranse estrelas, constelacións, o Universo profundo e o Sistema Solar. Viaxarase a través de planetas como Xúpiter e Saturno, verase a explosión dunha supernova, a formación dunha nebulosa e entrarase nun buraco negro. E cuns scripts explicarase porque hai gravidade, día e noite, as fases da Lúa, a caída dun meteorito ou como se producen as eclipses de Sol e de Lúa.

Ademais proxectarase algunha película.


Cinema 360º

No cinema 360º proxectaranse películas inmersivas en 360º, con imaxes impactantes en 3D.


planetario-2

planetario-1

Planetario 3D - Cinema 360º


Patrocinio OMIXCabecera-web-ecultura.png