| Mércores 20 de novembro. 2024
| Ás 10:00 h.
| Salón de plenos do Concello » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas
Organizan: Concellería de Educación, Concellería de Infancia e OMIX do Concello do Porriño
Hai 30 anos, no ano 1989, nacía a Convención sobre os Dereitos do neno e con ela, consolidábase o propósito de lograr infancias dignas, plenas e felices.
Os dirixentes mundiais subscribiron un compromiso histórico con todos os nenos do mundo ao aprobar a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno, unha lei internacional que se converteu no acordo de dereitos humanos máis amplamente ratificado da historia e contribuíu a transformar a vida de nenos e nenas de todo o mundo.
Con todo, aínda non se logrou que todos os nenos gocen dunha infancia plena; aínda moitas infancias terminan antes de tempo.
É responsabilidade da nosa xeración esixirlles aos gobernos, ás empresas e ás comunidades cumprir cos compromisos e actuar dunha vez por todas en favor dos dereitos dos nenos. Debemos comprometernos a garantir que cada infancia goce de todos os seus dereitos.
Por todo isto e seguindo o ronsel dos anos anteriores, o alcalde convoca este novo pleno infantil o día 20 de novembro, ás 10:00 horas no salón de plenos do concello, para cumprir co compromiso adquirido de conmemorar cada ano o día dos dereitos da infancia; pero tamén, para solicitar o apoio e compromiso dos nenos, meniños e adolescentes na resposta aos retos da situación actual, e para impulsar e cumprir cos obxectivos da Axenda 2030. A fachada do concello, será iluminada de cor azul, para conmemorar dito día.
Neste pleno, os/as portavoces de cada uns dos centros educativos terán a oportunidade de transmitirlle de primeira man, tanto ao alcalde coma ao resto de concelleiros e concelleiras, o resultado do traballo feito cos seus compañeiros/as nas aulas mediante a exposición das conclusións ás que cheguen e as achegas con relación á proposta para que O Porriño sexa un concello máis implicado na loita polos dereitos da infancia segundo a campaña deste ano #ParaCadaInfancia, todos os dereitos!, poñendo o foco nos seguintes:
- Para cada infancia, paz.
- Para cada infancia, un planeta habitable.
- Para cada infancia, participación
Na orde do día tamén está recoller propostas para a realización de actividades durante este Nadal; someter a votación a continuación, desde ou Concello, da iniciativa centrada na recollida de alimentos, unha necesidade que nos trasladan dende Asuntos Sociais, para que posteriormente sexan clasificados e repartidos entre as familias con menos recursos do concello e en colaboración co SOS.
Esta actividade, promovida polas concellerías de Infancia e Educación, a través da OMIX, poderá seguirse dende a web do Concello, o que facilitará a participación do resto da comunidade educativa e público en xeral, que poderá interactuar igual ca en anteriores ocasións a través do cancelo #PlenoInfantilPorriño.