| Sábado 5 de outubro. 2019
| Ás 20:00 h.
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Comercio, colabora na celebración da primeira Pasarela de Moda “Porriño Fashion Night”.
Unha duzia de establecementos comerciais participan neste evento que organiza a firma “M&H Fashion Shows and Models” en colaboración coa Escola de Modelos “Proxecto Ego”.
A pasarela terá lugar o sábado 5 de outubro, a partir das 20:00 horas, na praza Arquitecto Antonio Palacios.
Instalarase unha pasarela de 30 metros de lonxitude para realizar o pase de moda con coleccións de outono-inverno; moda nupcial; primeiras comunións e arras.