Porriño Fashion Weekend 2024

| Shopping Night: venres 19 de abril
| Fashion Night: sábado 20 de abril
| Fashion Market: domingo 21 de abril

Porriño Fashion Weekend 2024

Organizado polo Concello do Porriño en colaboración cos comercios da vila, a asociación de hostaleiros AHOSPOR e a Xunta de Galicia.


A Porriño Fashion Weekend volverá facer da vila do Louro no epicentro galego da moda da man do seu comercio local e da súa hostalería.


Venres 19 de abril

Shopping Night

O evento arrancará o venres 19 de abril coa Shopping Night, unha noite de comercio aberto para ir de tendas e disfrutar do ambiente nas rúas. Os comercios estarán abertos dende as 21 ata as 24 h con dinamizadoras propostas. Pero a celebración abrangue toda a vila e ademais de sorteos, regalos e moitas outras actividades impulsadas polos comerciantes, haberá Dj´s nas rúas e prazas do centro urbano.


Sábado 20 de abril

Fashion Night

O sábado 20 de abril terá lugar a Fashion Night. O exclusivo desfile dará comezo ás 18:30 h e transformará a rúa peonil nunha pasarela na que mostrarán as súas propostas 31 comercios e 9 salóns de peiteado do Porriño. Roupa, calzado, xoiería, complementos, peiteados, maquillaxe…as últimas tendencias desfilarán aos pés do Concello da man das/os modelos da Escola de Modelos Small Big Models. A encargada de dirixir o evento será a xornalista porriñesa, Raquel Atanes.

A música non podía faltar nesta xornada, polo que a Orquestra América encargarase do Fin de Festa . Será ás 22h na rúa Domingo Bueno.


Domingo 21 de abril

Fashion Market

O Fashion Market poñerá o broche de ouro á fin de semana da moda no Porriño. Será o domingo 21 de abril, na parcela situada na rúa Progreso, onde a partir das 10 h se instalará o mercadiño, con dj´s e inchables para os máis pequenos desde as 12 h.

Para rematar por todo o alto, ás 19 h arrancará o concerto da Orquestra Panorama.


Participantes

Escola de modelos:
Small Big Models.

Hostalaría:
Celtiña, Liceum, Nómadas, Origen, Saspi e Treinta y tau.

Moda e complementos:
Adicction, Alma, Andriu, Aráñame con estilo, Atleet, Brooklyn, Calzados Parada, Clik, Ishop, Joyería Covelo, Joyería Jose Antonio, Joyería Lorenzo, Liberty shoes, Lolyana, Mapa, Meigallo, Mia shop, Minerva, Misstic, Monlif, Noa Estévez Diseño y Costura, Orev, Quantum, Telas y más, Suengas, Textil Adrián, Tic tac, Topitos, Volver, Volvoreta, Zafiro e Zarifa.

Salóns de peiteado:
Alicia Porto Estilista, Bellissima Estilistas, Dill’arte, Eliseo, Luisa Luna Estilismo, Merchy Díaz, Sencar e Urban Salon by Jovhen Sport.


Porriño Fashion Weekend 2024

Porriño Fashion Weekend 2024



Cabecera-web-ecultura.png