Actualización: nova incorporación ao programa
| Luns 19 de xuño. 2022
| Ás 11:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
| Participan centros educativos do Porriño
Organiza: Concellería de Educación, OMIX do Concello do Porriño e Concellería de Cultura
Pre Porrigalia ten como obxectivo presentar unha nova edición do evento Porrigalia.
A actividade, programada cos centros educativos do Porriño, terá lugar o 19 de xuño de 2023 na praza Arquitecto Antonio Palacios, desde ás 11:00 h ata as 12:30 h. Participarán na actividade un total de 7 centros educativos, cun número aproximado de 191 alumnos/as de 2º- 3º de Educación Primaria.
O acto comezará coa presentación oficial por parte das autoridades, ás 11:00 horas. A continuación os nenos/as poderán desfrutar do espectáculo de animación “A bailar”, da compañía Animar-T, espectáculo interactivo con cancións en directo, xogos, bailes divertidos, un monicreque xigante, un acto de maxia espectacular, unha boneca xigante, unha batalla de globos xigantes, unha explosión de confeti, un concurso de baile con premio para o gañador e moito máis…
Toda a programación de Porrigalia 2023 estará dispoñible en:
www.porrigalia.org » ligazón externa
(PROXIMAMENTE)