Pregón das Festas do Cristo 2017

| Sábado 23 de setembro. 2017
| Ás 12:30 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Pregón Festas do Cristo 2017. Diego Giráldez

Pregón das Festas do Cristo, a cargo de D. Diego Giráldez, escritor e xornalista.


Diego Giráldez

Diego Giráldez (O Porriño, 1976). Licenciado en Historia da Arte, exerceu o xornalismo en distintos medios escritos e dixitais. Durante cinco anos, traballou na redacción do xornal A Peneira dirixindo unha das súas cabeceiras comarcais e coordinando o seu suplemento cultural, Kalaikia, a nivel galego. Ao tempo, colaboraba como columnista de opinión cos xornais A Nosa Terra Xornal de Galicia e a través de reportaxes culturais con el El País. Na actualidade, escribe no diario Praza Pública -forma parte do seu consello de redacción- e na revista Luzes.

Ten varios libros publicados relacionados coa historia do Porriño, dirixiu a revista de recuperación histórica local Malladoura e fundou e dirixiu o CanZine, a publicación oficial do Festival de Cans.

En 2016, a editorial Xerais publicou o seu primeiro traballo literario “Galería de saldos”.

En 2010, recibiu o Premio Literario “José Saramago” de relato curto. En 2011, no Porriño, concedéronlle o Premio Círculo “Cultura”. En 2015, fíxose co primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves “Modesto R. Figueiredo” e en 2016 gañou o premio literario “Manuel Murguía”, o máis importante certame de relato curto de Galicia. Nos premios “Fervenzas Literarias” de 2016, o seu libro “Galería de saldos” foi elixido polos lectores o segundo mellor traballo de narrativa galega e Diego Giráldez “mellor autor galego do ano”.


Diego Giráldez en redes:


Cabecera-web-ecultura.png