ACTUALIZACIÓN: cambio de localización por previsión meteorolóxica adversa
| Sábado 25 de setembro. 2021
| Ás 13:00 h.
| Praza do Cristo Carpa do Roxy » ver mapa
| Aforo limitado
Incluído na programación das Festas do Cristo 2021.
Dende a Concellería de Festexos e co gallo da celebración do 75 aniversario do falecemento do arquitecto porriñés, invítase a Don Antonio Palacios e a Dona Corona González, fotógrafa pioneira e mecenas de obras benéficas, a poñer voz ao pregón das Festas do Cristo 2021.
Lucho Penabade é Antonio Palacios e Tero Rodríguez é Corona González, ambos os dous conforman Os Quinquillans, unha compañía especializada no teatro de rúa, desde 1989.