| Sábado de Entroido, 25 de febreiro. 2017
| Ás 12:30 h.
| Praza Antonio Palacios » ver mapa
Unha desas caras ben coñecidas do audiovisual galego e do mundo da comedia no noso país. Coñecerédelo porque é o encargado de darlle vida a Mucha, das Cantareiras de Ardebullo, ou porque noutras tantas ocasións ten interpretado ducias de personaxes xunto ao seu inseparable compañeiro Marcos Pereiro, co que formou no ano 2000 o dúo Os Dous de Sempre.
En 2012 tivo o seu propio programa na Televisión de Galicia, Tourilandia, aínda que xa antes participara en Padre Casares, Botarse ao monte ou Era Visto!. Presentou os premios Mestre Mateo varios anos, e Los Fenómenos foi a súa primeira aventura cinematográfica.
Actualmente é colaborador e protagonista do programa de entretemento con máis audiencia da Televisión Galega: O Land Rober, onde fixo popular o personaxe de João Simões. O humor en directo é o punto forte do actor culleredense, e sobre o escenario Touri representa o Monólogo do Imbécil, un contacontos que trata sobre Santi, alguén a quen todo lle sae mal e non consegue facer nada do dereito.
O seu papel como Manolo Lojo, o espectáculo cómico Curtis&Teixeiro -que interpreta xunto a Federico Pérez- e a comedia teatral “Amigos ata a morte” completan o seu currículo máis recente.
Máis info sobre Xosé Antonio Touriñán na súa web » ligazón externa