| Prazo de preinscrición do 1 de xullo ao 15 xullo. 2024
A Escola Municipal de Música do Porriño abre o prazo de inscrición previa para o curso 2024/2025. Poderase solicitar praza entre o 1 de xullo e o 15 de xullo.
A folla de solicitude de inscrición pódese descargar nesta páxina web ou recoller na Escola Municipal de Música desde o luns 24 ao venres 28 de xuño, en horario de 16:00 a 20:00 horas. Unha vez cuberta, poderase entregar de calquera dos seguintes xeitos:
- De modo presencial, no Rexistro Xeral do Concello do Porriño, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.
- De modo telemático, a través da Sede Electrónica do Concello do Porriño.
A orde de entrega da inscrición será determinante na orde de matrícula.
A oferta da Escola Municipal do Porriño é a que se indica:
- Música e movemento, para nenos e nenas dende os 4 anos.
- Linguaxe musical para nenas/os, mozas/os e persoas adultas.
- As especialidades son: violín, viola, violonchelo, percusión, guitarra, piano, canto, gaita, clarinete, frauta traveseira, saxofón, óboe, fagot, trompa, trompeta, bombardino, trombón, tuba e percusión tradicional.
Tamén conta con agrupacións como:
- Banda de Música.
- Mini Banda do Porriño (Banda Infantil).
- Orquestra de corda.
- Grupo de música tradicional.
- Coral infantil.
- Coral polifónica de persoas adultas.
A matrícula realizarase na última semana do mes de agosto, despois da publicación das listas das persoas admitidas. O comezo do curso será o 11 de setembro.