Preinscrición para o Curso de Capacitación Dixital 2024

| Varias quendas ao longo do ano. 2024
| Inscricións abertas

Preinscrición para o Curso de Capacitación Dixital 2024

A Concelleira de Emprego do Concello do Porriño pon en marcha novas ovas edicións do Curso de Ofimática e Capacitación Dixital para o vindeiro mes de setembro. Desde xuño xa se teñen feito 5 edicións ás que asistiron preto de 100 alumnos e alumnas.

O luns 2 de setembro retómase este curso gratuíto de 30 horas para iniciarse no uso de smart phones e ordenadores, correo electrónico, xestións de citas médicas e outro tipo de aplicacións para facer xestións ou incluso publicar contidos en redes sociais. O curso tamén ensina como evitar ciberataques ou protección da presenza nas redes, entre outros temas.

O curso está destinado a persoas maiores de 16 anos e impártese nas instalacións de Porremprego, no edificio Multiusos de Torneiros. Hai quendas de mañá (9:30-13:50) e de tarde (16:00-20:20). As últimas edicións darán comezo o día 28 de outubro.

As prazas son limitadas e a inscrición pode facerse contactando directamente con Porremprego, ben presencialmente, chamando ao teléfono 986 33 82 17 ou enviando un correo electrónico a orientacion@porremprego.org, ou directamente no formulario do Curso de Ofimática e Capacitación Dixital.

O curso está financiado cos fondos Next Generation da Unión Europea a través do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática e no marco de Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Terá lugar nas instalacións de Porremprego no Centro Multicentro de Torneiros.


[ Preinscricións » ligazón externa ]


Preinscrición para o Curso de Capacitación Dixital 2024


Cabecera-web-ecultura.png