Premios Cabezudos de Honra do Porriño 2023

ACTUALIZACIÓN: nova localización

| Venres 22 de setembro. 2023
| Ás 20:00 h
Praza do Cristo Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Premios Cabezudos de Honra do Porriño 2023

A Asociación “Cabezudos de Honra do Porriño”, en colaboración co Concello do Porriño, celebra a terceira edición dos seus premios na Praza do Cristo, ás 20:00 horas, dentro da programación das Festas do Cristo.

Desde fai tres edicións, estes galardóns honran en vida a traxectoria e o exemplo de porriñeses e porriñesas en diferentes ámbitos e disciplinas. Ademais dunha reprodución dun busto do arquitecto Antonio Palacios, os premiados veranse representados nas festas da localidade polo seu propio cabezudo, confeccionado de maneira artesanal.

Este ano, os homenaxeados son o músico Pancho Álvarez, o xornalista e escritor Diego Giráldez e Horacio Barros, unha personalidade do ciclismo en Galicia.


Premios Cabezudos de Honra do Porriño 2023


Pancho Álvarez

Un dos músicos máis relevantes do folk en Galicia. Co grupo Na Lúa, grava 6 discos cos que percorre medio mundo. Despois formaría parte tamén de grupos como Matto Congro ou Tres. A partir do ano 95 comeza a súa andaina á beira de Carlos Núñez ofrecendo concertos por América, Europa, Asia e Australia pasando polos escenarios máis emblemáticos do mundo como o Carnegie Hall, Ópera de Sidney, gravando BSO para películas como Mar Dentro e tocando xunto a algúns dos grupos de folk máis importantes do mundo. Tamén ten discos en solitario como “Florencio, ou cego dous Vilares”.


Diego Giráldez

Outro dos homenaxeados é o xornalista e escritor Diego Giráldez. O porriñés, considerado unha das voces máis importantes da literatura galega actual, exerceu o xornalismo en distintos medios escritos e dixitais. Ademais de coordinar varias cabeceiras ou colaborar con reportaxes culturais no País, publica columnas de opinión en distintos medios. Ademais, en 2016 arrincou a súa traxectoria como escritor publicando libros de relatos e novelas en importantes editoriais. Giráldez, ten varios premios como o José Saramago, o premio Manuel Murguía, o premio Fervenzas Literarias ao “Mellor Autor Gallego do ano 2016” e foi finalista do Premio Francisco Fernández del Riego de Xornalismo. Ademais, a nivel local, sempre estivo vinculado ao activismo cultural dirixindo a revista Malladoura, o CanZine, do Festival de Cans, escribindo libros de historia e arquitectura do Porriño ou colaborando co Círculo Recreativo Cultural da localidade.


Horacio Barros

Un das homenaxes máis emotivas será para Horacio Barros, unha auténtica personalidade no mundo do ciclismo porriñés e galego. Cofundador do Club Ciclista SPOL en 1967, Horacio foi 5 veces consecutivas campión galego de Ciclocrós, modalidade para a que preseleccionado para participar en dúas ocasións no mundial, Ademais, ocupou o cargo de Presidente da Selección Española de Ciclocrós, Director e Presidente da Escola Nacional de Adestradores e Asembleísta da Selección Española de Ciclismo. Horacio Barros é o responsable de que grandes nomes do ciclismo galego haxan destacado a nivel nacional e internacional.


Premios Cabezudos de Honra do Porriño 2023


Cabecera-web-ecultura.png