ACTUALIZACIÓN: adiado para o mércores 19 de xuño por previsión meteorolóxica adversa
| Luns 17 de xuño Mércores 19 de xuño. 2024
| De 11:00 a 12:30 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño
Organizan: Concellería de Cultura, Concellería de Educación e OMIX do Porriño
Esta actividade ten como obxectivo dar o “disparo de saída”, a unha nova edición do evento Porrigalia.
A actividade, programada cos centros educativos do Porriño, terá lugar o Luns 17 de xuño Mércores 19 de xuño de 2024 na praza Arquitecto Antonio Palacios, desde ás 11:00 h ata as 12:30 h. Participarán en dita actividade os centros educativos do Porriño cun total de 181 alumnos/as de 2º- 3º de Educación Primaria e alulmnado de Aceesca.
O acto comezará coa presentación oficial por parte das autoridades, ás 11:00 horas. A continuación os nenos/as poderán desfrutar dun espectáculo de animación, “A bailar”, da compañía Animar-T, espectáculo interactivo con cancións en directo, xogos, bailes divertidos, un monicreque xigante, cancións cantadas en directo, un acto de maxia espectacular, unha boneca xigante, unha batalla de globos xigantes, unha explosión de confeti, un concurso de baile con premio para o gañador e moito máis…
Toda a programación de Porrigalia 2024 estará dispoñible en:
www.porrigalia.org » ligazón externa
(PROXIMAMENTE)