Presentación da II edición do Festival Músicas de Raiz “Unha Volta polo Medio”

| Luns 12 de xullo. 2021
| Ás 22:30 h.
Praza de San Bieito » ver mapa

Presentación da II edición do Festival Músicas de Raiz "Unha Volta polo Medio". SAN BIEITO 2021

Evento incluído na programación das festas de San Bieito 2021


“Unha volta polo medio” é un encontro que máis que unha representación ao uso é unha convivencia, un conxunto de músicas de raíz, de artistas, de bailas, de fandangos…

A presentación da segunda edición do festival terá lugar durante as festas de San Bieito, ás 22:30 h. do luns 12, ná praza de San Bieito.

O 17 de xullo no torreiro da Guía, Atios (O Porriño) terá lugar o encontro musical, onde tamén terá lugar unha Feira de Artesáns. Con todo, xerarase así un ambiente agradable de compañía, música, baile, artesanía e moito máis.

Durante todo o día haberá actuacións de ABuxaina (Coruxo) e Os Penediños de Atios (Atios), baile, pasarrúas, xogos tradicionais… e moita música.

Cara o remate do día tera lugar o agardado concerto. Serán diversos participantes do evento, grandes e recoñecidos musicos de raíz, os que nos deixen disfrutar da súa música e o seu bo facer.



II edición do Festival Músicas de Raiz "Unha Volta polo Medio"


PROGRAMACIÓN FESTAS DE SAN BIEITO 2021


Festas de San Bieito 2021


Cabecera-web-ecultura.png