Presentación do documento sonoro: “A memoria recuperada: a guerra e a fame”

| Sábado 11 de decembro. 2021
| Ás 19:00 h
Centro Cultural Municipal » ver mapa

Presentación do documento sonoro: "A memoria recuperada: a guerra e a fame"

Desde a Concellería de Cultura do Concello do Porriño, continuando co compromiso, da súa concelleira Cami Moreira, de impulsar actividades que contribúan á recuperación da memoria histórica, que se iniciara en abril do 2021 co recoñecemento público das nosas veciñas e veciños da súa afouteza na defensa dos valores democráticos, agora imos presentar “A memoria recuperada”, unha recollida sonora da nosa memoria histórica onde poderemos escoitar a:

  • Ramona Asunción Teijeira Rodríguez
  • Antonio Pereiro Pérez
  • Florentina Casales Estévez
  • Juana Josefa Fernández Giráldez
  • Raúl Francés Valverde

A quen lles temos que agradecer a súa xenerosa e importante aportación do relato dos acontecementos que sucederon no noso Concello e contorna durante o golpe de estado e posterior ditadura de Franco.

Nos dous episodios, “A Guerra” e “A Fame”, que forman parte deste documento sonoro, coñeceremos de 1ª man as vivencias non só destas persoas, das súas familias, senón tamén do medo, da tristeza, do horror, do silencio, da carraxe, do compañeirismo, da solidariedade, … que puxeron a proba á humanidade como colectivo.

O sábado 11 de decembro, faremos a presentación deste documento sonoro en formato de podcast, no Centro Cultural Municipal, ás 19:00 h, onde contaremos coa presencia de Moncha, Raúl, Antonio, Juana e Florentina. E a continuación poderemos asistir á proposta teatral da compañía Os Quinquilláns ‘A señora de Forcadela’, unha historia baseada na biografía de Josefa García Segret e doutras mulleres represaliadas na Galiza a partir de xullo do 36.


Para poder escoitar esta recollida sonora da nosa memoria tendes que ir a páxina web do Arquivo Municipal da Imaxe, seguindo o seguinte enlace » ligazón externa

Cabecera-web-ecultura.png