ACTUALIZACIÓN: Nova incorporación ao programa
| Luns 28 de setembro. 2026
| Ás 18:00 h
| Praza Antonio I. Paz Valverde » ver mapa

A praza Antonio I. Paz Valverde acollerá o luns 28 de setembro, ás 18:00 horas, a presentación do libro As aventuras de Coralita, un conto infantil protagonizado por unha pequena tartaruga mariña.
A obra propón unha historia arredor da amizade, da solidariedade e das aventuras no mar, cunha finalidade solidaria: apoiar a realización de actividades para nenas e nenos con enfermidades raras ou oncolóxicas.
O acto está especialmente pensado para familias e público infantil. Durante a presentación, as persoas asistentes poderán coñecer a historia de Coralita e achegarse a un proxecto que une lectura, infancia e solidariedade.


