Presentación do libro: O pequeno libro da intrépida Éire

| Xoves 23 de xaneiro. 2025
| Ás 18:00 h
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Entrada libre de balde ata completar prazas

O pequeno libro da intrépida Éire

Presentación do libro “O pequeno libro da intrépida Éire” de Juancho, publicado pola editorial Galaxia.

O xoves 23 de xaneiro no Centro Cultural Municipal do Porriño, ímosvos presentar a alguén. Un ser que ten páxinas e moita personalidade. intervirán Juancho, o autor do libro, Diego Giráldez e Teresiña (grupo folk de Elena e Migui, que soan a Galiza cando queren e a Éire cando lles vén en gana) que aman as letras, a música e as emocións por enriba de todas as cousas. A pequena Éire vai estar moi ben acompañada.

Danzaremos, cantaremos e falaremos arredor do lume literario.



O pequeno libro da intrépida Éire


Cabecera-web-ecultura.png