| Luns 18 de setembro. 2023
| A partir das 19:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
O luns 18 de setembro terá lugar na praza Arquitecto Antonio Palacios a presentación da Unión Deportiva Atios CF, será ás 19:00 h. A continuación da presentación, actuarán grupos das asociacións do Porriño.
Xa ás 20:30 h, completará a xornada “Música nas prazas”, unha serie de concertos sorpresa que se desenvolven nas prazas da vila. Concretamente, nesta xornada serán na praza de San Bieito e praza da Alameda.