Presentación: “Sementamos Igualdade”

| Venres 6 de marzo. 2020
| Ás 20:00 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Presentación: “Sementamos Igualdade”

Programación cultural polo 8M, Día Internacional da Muller, preséntase: “Sementamos Igualdade”. Manual práctico de bos usos para detectar o machismo e saber cómo actuar contra él.

Este manual distribuese nos centros educativos e nos comercios da vila, por iniciativa da Concellería de Igualdade que dirixe Cami Moreira.

Trátase dunha publicación coordinada por Llerena Perozo Porteiro, plantexada como unha guía útil para todas as idades. Con este manual preténdese chegar ao maior número posible de persoas a información básica para empezar a cambiar actitudes e comportamentos, así como o coñecemento preciso para ser quén de recoñecer e distinguir o machismo e saber actuar ante él.

O manual, de 60 páxinas, está dividida en dous bloques, un primeiro adicado a igualdade como unha tarefa en común; e un segundo sobre a violencia de xénero: como se manifesta, pautas para a súa indetificación e como actuar fronte dela.

Na presentación do manual “Sementamos Igualdade”, que se celebrará no Centro Cultural Municipal (20:00 h.), con entrada libre e de balde ata completar aforo, estarán presentes Cami Moreira, a Concelleira de Igualdade,  e a autora da guía, Llerena Perozo Porteiro.


Sementamos Igualdade

Todas e todos queremos vivir nun mundo mellor, nunha sociedade habitada por xentes pacíficas, que se traten con respecto e colaboren nas tarefas comúns de convivencia. Ninguén soña con limitarse a sobrevivir nunha contorna hostil, violento e desigual. Non é certo?

O sistema democrático garante que podamos votar e elixir a quen nos representa e lexislan para establecer esas normas de convivencia, pero está nas nosas mans, nas de toda a cidadanía, facelas efectivas.

Ata que a metade da poboación non estea libre de sufrir violencia e discriminación polo feito de ser mulleres non poderemos afirmar que vivimos nun sistema social xusto.

Con este manual preténdese ter sempre preto de nós unha guía útil e didáctica ao servizo da comprensión de todas as idades. Con ela poderase empezar a cambiar actitudes e comportamentos, así como ser capaces de recoñecer e distinguir o machismo e saber como actuar ante el.

Esperamos, pois, sementar igualdade para recoller un futuro, non moi afastado, mellor.


Presentación: “Sementamos Igualdade”


Cabecera-web-ecultura.png