Presentación spot publicitario: “Insistir, persistir, resistir e nunca desistir”

ACTUALIZACIÓN: EVENTO CANCELADO

Cancelado como medida de prevención ante a propagación do COVID-19.
| Venres 13 de marzo. 2020
| Ás 20:00 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Presentación spot publicitario:

Desde a Concellería de Igualdade e Xuventude do Concello do Porriño, ponse en marcha un spot publicitario contando coa participación de deportistas locais, de xeito que se dea a coñecer dunha forma visual ás deportistas femininas nos deportes masculinizados, como por exemplo: fútbol. E os deportistas masculinos en deportes feminizados, como por exemplo: ximnasia rítmica.

A finalidade desta acción é visualizar, concienciar e loitar pola igualdade, a non discriminación por razón de xénero e erradicar a violencia machista; contribuíndo á normalización da convivencia na diversidade.

Esta actividade está financiada na súa integridade con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad, a través da secretaría de Estado de la Igualdad.


Cabecera-web-ecultura.png