Programa: “Coa comida si se xoga”

| Do 27 de febreiro ao 3 de marzo. 2023
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño

Programa: "Coa comida si se xoga"

Concellería de Educación e OMIX do Porriño


A Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño do 27 de febreiro e ata o 3 de marzo de 2023, pon en marcha o programa “Coa comida si se xoga”.

A construción de rutinas, que posteriormente se converterán en hábitos, é esencial na etapa de Educación Infantil, xa que reporta enormes beneficios ao/á menor, axudándoo/a no seu desenvolvemento integral e na formación da súa personalidade. Entre estes hábitos atopamos os de vida saudable, como ter unha alimentación adecuada, realizar exercicio físico diario ou alcanzar uns correctos hábitos de hixiene e sono, entre outros. Para evitar a resistencia ou oposición a eles, aconséllase comezar canto antes coa súa aprendizaxe e posta en práctica. Por iso, levaremos a cabo un programa destinado a Educación Infantil, que recolle unha secuencia de actividades coas que comezar a desenvolver ditos hábitos cos nenos e nenas.


Obxectivo xeral:

  • Consolidar a adquisición de hábitos de vida saudables, en especial alimentarios, dende idades temperás.

Obxectivos específicos:

  • Coñecer os distintos tipos de alimentos e a súa frecuencia de consumo a través da pirámide alimentaria.
  • Fomentar a construción dun menú variado e equilibrado.
  • Coñecer a procedencia de distintos alimentos de consumo habitual.
  • Adquirir pautas de hixiene e seguridade alimentaria.
  • Fomentar o coidado e respecto polo medio ambiente.

Concellería de Educación do Concello do Porriño OMIXCabecera-web-ecultura.png