Programa de educación afectivo-sexual

| Meses de maio e xuño. 2026
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño

Programa de educación afectivo-sexual

Organizan: Concellería de Educación e OMIX do Porriño


O Concello do Porriño, a través da Concellería de Educación e a OMIX, levará a cabo durante os meses de maio e xuño do 2026 o “Programa de educación afectivo-sexual” dirixido a 210 alumnos/as de 3º de EP, alumnado de Aceesca e as súas familias. O programa desenvolverase primeiro co alumnado na aula e posteriormente coas familias, reforzando na contorna familiar as aprendizaxes traballadas.


Persoas destinatarias

Alumnado de 3º de Educación Primaria, de Aceesca e as súas familias de todos os centros educativos do Concello de O Porriño.


Obxectivos alumnado
  • Proporcionar coñecementos sobre o desenvolvemento afectivo-sexual: puberdade, o respecto e a diversidade
  • Reflexionar sobre como a socialización diferencial de xénero e inflúe no desenvolvemento afectivo sexual
  • Apoderar ante posibles agresións sexuais: identificación e como comunicar unha posible agresión
  • Reflexionar sobre a importancia das relacións baseadas no bo trato.

Contidos a traballar co alumnado
  • A afectividade e a sexualidade
  • A pubertade
  • O respecto e a diversidade
  • O rosa e o azul: os roles e os estereotipos de xénero
  • Os límites corporais
  • A identificación de situacións de violencia sexual
  • O bo trato: o respecto e a empatía

Temporalización alumnado

Dúas sesión de 50 minutos de duración a impartir en Maio-Xuño de 2026.


Obxectivo familias

Analizar as características do desenvolvemento afectivo sexual nesta etapa evolutiva Reflexionar sobre como a socialización diferencial de xénero e inflúe no desenvolvemento afectivo sexual Reflexionar sobre as agresións sexuais infantis e a sua prevención e abordaxe Abordar o acceso temperá dos e das menores á pornografía e a sua prevención


Contidos a traballar coas familias
  • O desenvolvemento afectivo sexual: características da etapas 3º/5º de primaria
  • Os roles e os estereotipos de xénero: a sua influenza no desenvolvemento afectivo sexual dos e das menores
  • As agresións sexuais infantís: ferramentas para a prevención e abordaxe
  • A pornografía como principal fonte de información sexual: a importancia da prevención

Temporalización familias

Unha sesión de dúas horas de duración a impartir en Maio-Xuño de 2026.


As sesións serán impartidas por profesionais con ampla experiencia. Laura Durán, psicóloga e especialista en intervención con menores e familias, e Lucía Pereda.

O programa pretende dotar ao alumnado de ferramentas axeitadas á súa idade para identificar emocións, expresar sentimentos de forma saudable, recoñecer límites persoais e alleos, e previr situacións de risco como o acoso, a violencia ou o abuso, fomentando unha actitude responsable, crítica e respectuosa cara á diversidade afectiva e corporal” ,sinala dona Carolina González, Concelleira de Educación do Concello do Porriño.