Programa: “En familia todos contan”

| Novembro e decembro. 2023
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño e Mos

Programa: "En familia todos contan"

Organizan: Concellería de Sanidade e OMIX do Porriño
Financiado por: Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Sanidade e a OMIX, levará a cabo o Programa de Prevención Selectiva “En familia todos contan”, ao longo dos meses de novembro e decembro do 2023.

Este programa consta de 3 obradorios de 5 sesións teórico–prácticos/as cada un deles, 2 nos IES do Porriño e 1 no IES de Mos.

A poboación destinataria do programa son os país/naís ou titores de familias que se encontran en situación de risco en relación coas drogas.

Enténdese por situación de risco a existencia de comportamentos potencialmente asociados ao desenvolvemento de problemas coas drogas que estean empezando a realizar os fillos destas familias e que dificultan a maduración e a incorporación social como adulto do hoxe adolescente. Entre estes comportamentos de risco considéranse: 1) o fracaso escolar, 2) o absentismo escolar, 3) as ausencias do domicilio, 4) a existencia de relacións familiares conflitivas, 5) os pequenos roubos ou outros indicios de conduta antisocial por parte dos adolescentes, 6) o inicio ao consumo de drogas ou 7) o abuso do alcohol.

Estas familias afrontan dificultades importantes en educar os seus fillos. En síntese trátase de familias que se encontran nunha ou varias das seguintes situacións:
  • Son usuarias dos servizos sociais.
  • Presentan dificultades de inserción laboral.
  • Son beneficiarias do RISGA (renda de inserción social de Galicia).
    Son familias monoparentais.
  • Presentan un problema de adicción nun ou nos dous membros da parella.
  • Presentan problemas de desestruturación.
  • Sofren outros desaxustes.

Este programa está financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a través da subvención otorgada ao noso Concello para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.


Programa: "En familia todos contan"


Cabecera-web-ecultura.png