| Xoves 7 e 14 de novembro. 2024
| De 16:30 a 18:30 h
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas
Programa realizado pola Federación Atlántica de Asociacións de Familares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias (FADEAL)
en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra
Formación sobre Alzheimer e outras demencias: para coidadores/as familiares, persoas diagnosticadas en fase temperá e público interesado.
A cargo de:
- Alba López, Psicóloga de AFAGA Alzheimer
- Diana Rodríguez, Traballadora social de AFAGA Alzheimer
“Alzhémer de preto” pretende realizar unha sesión informativa en cada un dos 61 concellos da provincia e comezar a romper as barreiras que moitas veces se atopan as persoas que viven no rural.
Nestas sesións ofrecerase unha primeira aproximación á enfermidade e a súa evolución, as pautas que poidan facilitarlle o día a día ás familias coidadoras, ademais de asesoramento sobre os recursos dispoñibles.