| Novembro e decembro. 2023
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño e Mos
Organizan: Concellería de Sanidade e OMIX do Porriño
Financiado por: Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia
O Concello do Porriño un ano máis, a través da Concellería de Sanidade e a OMIX, levará a cabo o Programa de Prevención Universal familiar “Máis ca un teito”, ao longo dos meses de novembro e decembro do 2023 e dirixido a familias con fillos/as en idade escolar, comprendidas entre os 5 e os 18 anos.
Este programa consta de 10 encontros/sesións teórico–prácticos/as de 90m minutos de duración, nos que se levarán a cabo diferentes actividades en gran grupo, e outras en pequeno grupo. Sempre de xeito dinámico a través dunha metodoloxía de participación cos pais e nais e cos nenos/nenas, segundo estean en época escolar ou época de vacacións.
Nas diferentes iniciativas, dentro deste programa reforzaremos aspectos nas familias coma o diálogo, a comunicación, o apego, a resolución de conflitos, a afectividade ou as habilidades sociais… de xeito práctico e adaptado á demanda e ás particularidades das persoas destinatarias.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son os seguintes:
-
Facilitar experiencias gratificantes de ocio en familia.
-
Mellorar as habilidades educativas, de xestión e de comunicación dos pais, nais e titores/as.
-
Promover e reforzar os factores de protección familiar, ao tempo que se pretende reducir o impacto dos factores de risco relacionados con este ámbito.
-
Promover a socialización de maiores e de pequenos.
-
Propiciar a comunicación dentro e entre as familias.
-
Fortalecer as relacións familiares estables e satisfactorias.
Este programa está financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a través da subvención otorgada o noso Concello para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.