| Meses de abril e maio. 2024
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño
Organizan: Concellería de Sanidade e OMIX do Porriño
Financiado por: Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia
A Concellería de Sanidade e a OMIX levarán a cabo o Programa de Prevención Selectiva do consumo de drogas no ámbito educativo “Non pasa nada, pasa algo”, que se desenvolverá durante o curso escolar 2023-2024 nos meses de abril e maio de 2024; e destinado ao alumnado de 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) dos centros educativos de Mos e O Porriño.
Falarase de alcol, tabaco e bebidas enerxéticas co alumnado e formarase ao servizo de Orientación dos centros.
O Porriño quere que a súa mocidade adquira ferramentas para evitar unha adicción. Busca fomentar un crecemento saudable e consciente, polo que acaba de iniciar unha colaboración coa Asociación Érguete para poñer en marcha o Programa de Prevención “Non pasa nada, pasa algo” co alumnado de 4º da ESO dos institutos do municipio.
O Concello do Porriño busca, con esta acción, evitar o desenvolvemento e consolidación de consumos problemáticos, reducir a incidencia dos consumos adictivos e fomentar a adopción de estilos de vida saudables. Ademais, destacamos que o equipo de profesionais de prevención da Asociación Érguete impartirá unha atención personalizada con catro charlas presenciais dedicadas ao alumnado e unha ao equipo de Orientación. “Con esta formación buscamos que os profesionais dos centros educativos tamén coñezan as ferramentas para previr ou atender estas problemáticas”, indica a Concelleira de Sanidade, Teresa Veloso.
Nestas sesións trataranse conceptos clave sobre adiccións de alcol, bebidas enerxéticas, tabaco e cánnabis; ademais de tratar outros temas como o xénero, a adolescencia e coñecer os factores de risco, de protección e variables persoais. “Queremos que aprendan todas as realidades que pode agochar un problema de adicción e tamén que entendan a importancia de saber dicir que non”, destacan na Asociación.
Este programa está financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a través da subvención otorgada o noso Concello para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.