Programa “Non pasa nada, Pasa algo”

| De marzo a xuño. 2023
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño e Mos

Programa “Non pasa nada, Pasa algo”

Programa de prevención selectiva do consumo de drogas no ámbito educativo
Organizan: Concellería de Educación e OMIX do Porriño
Financiado por: Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia


O Concello do Porriño, a través da Concellería de Sanidade e a OMIX,   levará a cabo o Programa de Prevención Selectiva do consumo de drogas no ámbito educativo “Non pasa nada, Pasa algo” para desenvolver durante o curso escolar 2022-2023 entre os meses de marzo a xuño do ano 2023 e destinado ao alumnado de 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), dos centroseducativos dos concellos de Mos e O Porriño, onde se detectou algún problema relacionado co uso dedrogas, e/ou existe algunha situación de risco relacionado co abuso das drogas. As persoas participantes neste programa fan un total de 300 alumnos/as de 4º da ESO, 8 aulas do Porriño e 6 aulas de Mos, con 5 sesións de traballo con cada aula e en horario lectivo.

Segundo os datos recollidos polo Observatorio Galego sobre Drogas, a maioría de adolescentes quecomeza a consumir substancias psicoactivas fano a idades temperás.

A presenza de consumo de alcohol, cannabis e outras drogas entre o alumnado constitúe un motivode preocupación nas comunidades educativas.

Polo que este programa se centrará no seguinte:

  • Proporcionar información sobre as drogas que se consomen.
  • Dar a coñecer os factores de risco e de protección nos ámbitos persoal, familiar, escolar e  comunitario.
  • Ensinar habilidades de afrontamento dunha situación de risco.
  • Intervir coa familia, informando, sensibilizando e apoiando en situación de dificultade.

Descrición detallada das actividades, das que se levarán a cabo en dúas partes dentro deste programa:

  • Unha parte previa, con sesións cos mestres e as familias para facer unha análise dos problemas existentes nos
  • A segunda parte, os obradoiros cos/coas adolescentes das aulas onde se detectaronproblemas relacionados co consumo de drogas.

A finalidade deste programa é evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumosproblemáticos de drogas, reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo e/ou abuso de drogas e promover a adopción de estilos de vida saudables entre os/asadolescentes que permanecen vinculados/as ao sistema educativo.


Este programa está financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a través da subvención otorgada o noso Concello para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.


Cabecera-web-ecultura.png