Programa PPCDE Saúde na escola

| Novembro e decembro. 2023
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño e Mos

Programa PPCDE Saúde na escola

Programa de prevención universal do consumo de drogas no ámbito educativo
Organizan: Concellería de Sanidade e OMIX do Porriño
Financiado por: Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Sanidade e a OMIX, levará a cabo por segundo ano consecutivo o Programa de Prevención Universal do consumo de drogas no ámbito educativo “PPCDE/Saúde na Escola”, para desenvolver durante o curso escolar 2023-2024, entre novembro e decembro de 2023. Este programa vai destinado ao alumando dos centros educativos dos concellos de Mos e O Porriño, na etapa educativa de Primaria, en concreto para 1º nivel de Educación Primaria.

Os participantes neste programa fan un total de 327 alumnos/as de 1º de EP, 9 aulas do Porriño e 10 aulas de Mos, con 4 sesións de traballo con cada aula e en horario lectivo.


Actividades para desenvolver coas 19 aulas

Para levar a cabo estas sesións, facilitarase unha intervención rica e multidisciplinar por parte de diferentes profesionais especializados:
  • Sesións de habilidades sociais, emocionais e afectivas.
  • Sesións de mediación, prevención de violencia e conflitividade.
  • Sesións de información-sensibilización sobre drogas.
  • Sesións de ocio saudable alternativo.

Obxectivos

  • Potenciar a autoestima, a capacidade de decisión, a autonomía persoal, o autocoñecemento e reforzar a asertividade como medios de fomentar a resistencia á presión de grupo.
  • Mellorar a calidade da información do alumnado fronte ás drogas, os seus efectos e os  riscos que derivan do seu uso.
  • Reducir os niveis de experimentación do alumnado co alcohol, co tabaco e co cannabis.
  • Corrixir os mitos que o alumnado mantén con relación ao consumo das diferentes drogas.
  • Fortalecer nos alumnos algúns recursos persoais que lles permitan manexarse  adecuadamente en situacións de grupo relacionadas co consumo de drogas.
  • Favorecer o sentido crítico fronte á propaganda que potencia o consumo de substancias legais con argumentos de anticonvencionalismos e busca de sensacións.
  • Favorecer alternativas de ocio saudable.

Este programa está financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a través da subvención otorgada ao noso Concello para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.


Programa PPCDE Saúde na escola


Cabecera-web-ecultura.png